Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31354

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade da lista provisional de admitidos e excluídos na convocatoria do 2 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio) para a cobertura dun posto de xefe/a da Sección de Calidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar na convocatoria de referencia, polo procedemento de avaliación colexiada, e consonte a súa base sexta, procédese á publicación, como anexo, da lista provisional de admitidos e excluídos, con indicación, de ser o caso, da causa de exclusión.

Contra esta resolución, os/as interesados/as poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas ou emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, no prazo de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución.

Transcorrido este prazo, a Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos resolverá as reclamacións presentadas e acordará a publicación da listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ao proceso de provisión.

Esta resolución publicarase segundo o disposto na base oitava da convocatoria.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Solicitante

DNI

Estado

Castrillo Fernández, Azucena

*****912Q

Admitida

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.