Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31352

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para cubrir postos de traballo desta axencia mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

A base oitava da Resolución desta Axencia do 20 de xaneiro de 2015, pola que se convocou un proceso selectivo para cubrir postos de traballo de diversas categorías e se nomearon os membros dos tribunais, dispón que, realizada polo tribunal a baremación dos méritos achegados polos/polas aspirantes, a Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos publicará, no Diario Oficial de Galicia, o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso.

De conformidade coa antedita base, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico especialista en hematoloxía e hemoterapia, médico xeral, técnico superior, responsable de comunicación, enfermeiro/a, técnico especialista de laboratorio, promotor da doazón, auxiliar administrativo, auxiliar de informática, auxiliar clínica/laboratorio, e condutor/celador, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 56, do 24 de marzo).

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas partes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expediente-e/sección de procesos.

Segundo. De conformidade coa base oitava da Resolución do 20 de xaneiro de 2015, contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal de selección no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e deberá dirixirse á sede do Tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en avda. Monte da Condesa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, e deberá enviarse comunicación por fax ao 981 59 00 85 de que se presentou reclamación noutro rexistro diferente ao da Axencia, se for o caso.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos