Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31357

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (494/2017).

Xuízo verbal 494/2017

Procedemento orixe: xuízo verbal 257/2017

Sobre outros verbal

Demandante: Vitogás España, S.A.

Procurador: José Paz Montero

Avogado: César Martínez Meseguer

Demandado: María Sabell Sierra

María Jesús Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal número 494/2017 seguido por instancia da entidade Vitogás España, S.A.U., actuando no seu nome e representación o procurador José Paz Montero e asistida do letrado César Martínez Meseguer, fronte a María Sabell Sierra, ditouse sentenza o 16 de abril de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza:

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os autos de xuízo verbal tramitados co número 494/2017, nos cales interviñeron como demandante Vitogás España, S.A.U., representada polo procurador dos tribunais Sr. Paz Montero e asistida polo letrado Sr. Martínez Meseguer, e como demandada María Sabell Sierra, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións

Dispoño admitir parcialmente a demanda interposta por Vitogás España, S.A.U. fronte a María Sabell Sierra e en consecuencia, declárase resolto o contrato de subministración subscrito polas partes, acórdase permitir a entrada ao terreo ou inmoble en que se encontra a instalación por parte do funcionario correspondente, previo mandamento xudicial, co fin de que os empregados da demandante procedan á retirada do depósito de gas instalado, e condénase a parte demandada ao pagamento de 996,47 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, debendo aboar cada parte as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a súa ulterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada, en situación de rebeldía procesual, María Sabell Sierra, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza