Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31115

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (423/2017).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento 423/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Cores Castro contra Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., administrador concursal Costura Invisible, S.L., administrador concursal de Confección Ideal, S.L., administrador concursal Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., administrador concursal Confecciones Fraga, S.L., administrador concursal de Plataforma Costurera, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo María del Carmen Cores Castro contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e a administración concursal de Confecciones Fraga, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro Improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 20 de marzo de 2017, e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 36,09 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 12.513,44 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou pola indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo María del Carmen Cores Castro, fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como á administración concursal de Confección Ideal, S.L., as que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (estas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274 e consignar no concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta nº 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a Vainica Doble, S.L, Deus de Luxe, S.L, Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L, Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza