Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31113

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (XVB 555/2017).

Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fai saber que no procedemento XVB 555/2017 seguido neste xulgado, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 71/2018.

Vigo, 28 de maio de 2018.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 555/2017 se seguen por instancia de Recreativos Mafari, S.A., que compareceu representada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e dirixida polo letrado José Cuíñas Rodríguez, contra Francisco Cuesta Ramos, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Resolución.

Estimo totalmente a demanda formulada por Recreativos Mafari, S.A. contra Francisco Cuesta Ramos e, en consecuencia, fago os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Francisco Cuesta Ramos a pagar a Recreativos Mafari, S.A. a cantidade de 2.500 euros, cantidade que reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal do diñeiro, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentenza (artigo 576 da LAC).

2º. Condeno o demandado ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que é firme e que contra dela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Cuesta Ramos, e para que sirva de notificación, expido este edicto.

Vigo, 4 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza