Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31118

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (206/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Silvia Dobarro Álvarez contra Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 206/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 4 de outubro de 2018, ás 10.00 e 10.05 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial de provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 6 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza