Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31122

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 276/2016).

PO procedemento ordinario 276/2017

Procedemento origen: /

Sobre ordinario

Demandante: Santiago Seoane Cancela

Avogada: Rocio Rodriguez Enriquez

Demandadas: Hidrodomus, S.L., Gestion Energética de Galicia, S.L., Fogasa

Abogados: Alberto Romero Pazos, letrado de Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 276/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Seoane Cancela contra Hidrodomus, S.L., Gestión Energética de Galicia, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 286/2018.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 276/2017, en que é parte demandante Santiago Seoane Cancela, asistido polo letrado Sra. Rodríguez Enríquez, e son partes codemandadas a mercantil Hidrodomus, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, a mercantil Gestión Energética de Galicia, S.L. (na persoa do seu representante legal Domingo Vila Pintos, como administrador único), asistida polo letrado Sr. Romero Pazos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos), en nome do rei dito a presente sentenza con base nos seguintes  

Resolución.

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda presentada pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, que actúa en nome e representación de Santiago Seoane Cancela, fronte á mercantil, Gestión Energética de Galicia, S.L. (na persoa do seu representante legal Domingo Vila Pintos, como administrador único), asistida polo letrado Sr. Romero Pazos, fronte á mercantil Hidrodomus, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as dúas empresas agora codemandadas Hidrodomus, S.L. e Gestión Energética de Galicia, S.L. a aboar a favor do traballador Santiago Seoane Cancela a cantidade de 2.507,35 euros (en concepto de salarios e liquidación debidos) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado por mora no pagamento do salario sobre as cantidades do principal que ten na súa totalidade a condición de cantidade salarial ex articulos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que poida corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor ningún recurso ordinario, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúnciao, mándao e asínao.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hidrodomus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza