Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31120

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 635/2016).

PO procedemento ordinario 635/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: José Manuel Fernández Carballo

Abogada: Natalia Erviti Álvarez

Demandados: Segur 10 Vigilancia, S.A., Fogasa

Abogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 635/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fernández Carballo contra Segur 10 Vigilancia, S.A. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 621/2017.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidade por horas extraordinarias) baixo o número 635/2016, en que é parte demandante José Manuel Fernández Carballo, asistido pola letrada Sra. Erviti Álvarez, e son partes codemandadas a mercantil Segur 10 Vigilancia, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, o administrador concursal da citada mercantil Roberto Iker Aldea Gil, que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos), en nome do rei dito a presente sentenza con base nos seguintes  

Resolución.

Que debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada por José Manuel Fernández Carballo, asistido pola letrada Sra. Erviti Álvarez, fronte á empresa Segur 10 Vigilancia, S.A., fronte ao administrador concursal da citada mercantil Roberto Iker Aldea Gil e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar a favor do traballador demandante a cantidade de 7.285,73 euros en concepto de nóminas devindicadas e non pagadas + horas extraordinarias realizadas polo demandante desde o mes de xullo de 2015 ata o mes de xullo de 2016 (segundo a desagregación detallada do feito probado terceiro da presente sentenza, en consonancia co detalle do feito quinto do escrito de demanda agora reitor) + a cantidade que se devindique en concepto do 10 % de xuro anual por mora no pagamento do salario sobre o principal debido ex articulo 29.3 do ET en relación co artigo 26 do mesmo texto legal.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que poida corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación do depósito para tales efectos legalmente previsto, de acordo co disposto no artigo 191.2.g), seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúnciao, mándao e asínao.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur 10 Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza