Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración, instalación e posta en marcha de dous (2) motores e dous (2) inversores redutores para unha embarcación, e do material para unha instalación fotovoltaica para o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (dous lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 46/2017 PN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241442

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha de dous (2) motores e dous (2) inversores redutores para unha embarcación, e do material para unha instalación fotovoltaica para o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 42110000-3; 31422000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 116.767,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 116.767,00 €. Importe total: 141.288,07 €.

6. Dotación por lotes:

a) Lote 1. Dous (2) motores diesel mariños e dous (2) inversores redutores mariños hidráulicos para empregar nunha embarcación do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Importe neto: 64.800,00 €. Importe total: 78.408,00 €.

b) Lote 2. Material necesario para unha instalación fotovoltaica illada do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, composto por batería estacionaria de vaso transparente, batería de chumbo aberto, inversor cargador, conext baterry monitor, conext combox, cadro de distribución eléctrica e caixas de desconexión fusibles. Importe neto: 51.967,00 €. Importe total: 62.880,07 €.

7. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 10 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 11 de xuño de 2018.

c) Adxudicataria: Krug Naval, S.A.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 62.000,00 €. Importe total con IVE: 75.020,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

8. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 3 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 8 de maio de 2018.

c) Adxudicataria: Formatesa Lalín, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 35.118,84 €. Importe total con IVE: 42.493,80 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio