Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 427/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 427/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Tajes Patiño contra José Carlos Carvalho González, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 427/2015

Demandante: José Tajes Patiño

Letrada: Sra. Lareo Casal

Demandado: José Carlos Carvalho González

Sentenza 652/17

A Coruña, 22 de novembro de 2017

Resolución:

– Estimo a demanda formulada por José Tajes Patiño fronte a José Carlos Carvalho González e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 7.895,68 euros en concepto de débeda salarial máis o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Carlos Carvalho González, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza