Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 813/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 813/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Vega Esteban contra Comedores de Obra Móviles, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña

Sentenza: 00127/2018

PO. Procedemento ordinario 813/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Isabel Vega Esteban

Demandada: Comedores de Obra Móviles, S.L.

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 813/2017

Demandante: Isabel Vega Esteban

Letrado: Sr. Pousa Merens

Demandada: Comedores de Obra Móviles, S.L.

Sentenza:

A Coruña, 26 de febreiro de 2018.

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por Isabel Vega Esteban contra Comedores de Obra Móviles, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle á primeira a suma de 2.333,72 euros en concepto de débeda salarial polos conceptos e desagregación contidos na demanda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data. Do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Comedores de Obra Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza