Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (919/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 919 /2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Cano Acevedo contra Cervecería Coruñesa, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña

Despedimento obxectivo individual 919/2017

Sobre despedimento

Demandante: Lorena Cano Acevedo

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal

Demandados: Cervecería Coruñesa, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Auto:

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

Na Coruña o catorce de maio de dous mil dezaoito.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 2.5.2018. O demandante solicitou a rectificación dun erro material en tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado en relación coa indemnización procedente pola extinción da relación laboral.

Parte dispositiva:

– Procede a rectificación da sentenza ditada nos termos recollidos neste auto, de maneira que no fundamento de dereito e na resolución da sentenza ditada a contía da indemnización procedente polo despedimento e extinción da relación laboral debe ser a de 4.106,55 euros.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecería Coruñesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza