Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28823

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 589/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 589/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Seoane Fernández contra Escribanos de Gordon, S.L. e Nogasa Servicios y Obras, S.A., se ditou sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Óscar Seoane Fernández contra Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Escribanos de Gordon, S.L. e, en consecuencia, condeno solidariamente as demandadas a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.832,56 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos máis o xuro de mora do 10 % da dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da notificación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Escribanos de Gordon, S.L. e Nogasa Servicios y Obras, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza