Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28158

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (846/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 en substitución no Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 846/2017 por instancia de María Liñeiro Senlle contra as empresas Calidus Catering Services, S.L., Geriatría Siglo XXII, S.L., Serunión, S.A., Versa Asesores, S.L, Visama Restauración, S.L., Ministerio Fiscal e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, nos cales recaeu Sentenza do 8 de maio de 2018 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Estímase a demanda formulada por María Liñeiro Senlle fronte ás empresas Calidus Catering Services, S.L., Geriatría Siglo XXI, S.L. Serunión, S.A., Versa Asesores, S.L. (antes Gestión de Estudios y Análisis, S.L.), Visama Restauración, S.L., intervención do Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio Fiscal, estimándose a falta de lexitimación das empresas Geriatría Siglo XXI, S.L. Serunión, S.A., Versa Asesores, S.L. (antes Gestión de Estudios e Análisis, S.L.), Visama Restauración, S.L., e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de María Liñeiro Senlle efectuado pola empresa Calidus Catering Services, S.L.

– Condénase a empresa Calidus Catering Services, S.L.. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 9.920,42 euros, e o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 40,29 euros diarios.

– Condénase a empresa Calidus Catering Services, S.L. a aboarlle á traballadora María Liñeiro Senlle a cantidade de mil catrocentos noventa e dous euros con seis centimos de euro (1.492,06 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación rante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de Depósitos e Consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Visama Restauración, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza