Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28156

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1225/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 1225/2015 por instancia de José Lago Martínez contra a empresa Ingego Construcciones y Proyectos, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 8 de maio de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por José Lago Martínez contra a empresa Ingego Construcciones y Proyectos, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Ingego Construcciones y Proyectos, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de tres mil seiscentos sesenta euros con seis céntimos de euro (3.660,06 euros), devindicando os conceptos salariais ao xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ingego Construcciones y Proyectos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza