Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28160

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 476/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 476/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Basilisa García López contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Puntada Elaborada, S.L., administración concursal de Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Confecciones Deus y Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, Gaviota Textil, Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Costura Invisible, Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

«Tense por desistida da demanda que en materia de despedimento interpuxo Basilisa García López contra a entidade Confecciones Ideal, S.L. e a súa administración concursal.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Basilisa García López contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e a administración concursal de Confecciones Fraga, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 3 de abril de 2017 pola súa empregadora Costura Invisible, S.L. e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Basilisa García López coa entidade Costura Invisible, S.L., na citada data, e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., ao aboamento dunha indemnización a razón de 29.404,80 euros, así como por salarios de tramitación a razón de 11.802,76 euros.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Basilisa García López contra a entidade Gaviota Textil XXI, S.L., así como contra a súa administración concursal, as cales debo absolver e absolvo das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

Para que lles sirva de notificación en legal forma ás demandadas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza