Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26420

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 602/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 602/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena María Hermida Antelo contra Mutua Fraternidad Muprespa, Instituto Nacional da Seguridade Social, Antonio González Pérez sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: Seguridade Social nº 602/2016

Demandante: Lorena María Hermida Antelo

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís

Demandados: INSS

Letrada: Sra. Guerra Díaz

Mutua Fraternidad Muprespa

Letrada: Sra. Ojea Castro

Antonio González Pérez

Letrado:

Sentenza 125/2018.

A Coruña, 2 de maio de 2018.

Decido:

1. Estimo parcialmente a demanda interposta por Lorena María Hermida Antelo, en exercicio da acción de reclamación de cantidade por prestación de incapacidade temporal derivada de continxencia común, contra a empresa Antonio González Pérez e fronte á Mutua Fraternidad Muprespa e en consecuencia:

– Condeno a empresa Antonio González Pérez, como obrigada directa, a que lle aboe ao demandante na súa totalidade a prestación por incapacidade temporal en cantidade de 2.635,22 euros coa obriga de Mutua Fraternidad Muprespa de anticipar inmediatamente á demandante o dito pagamento, sen prexuízo do seu dereito de repetir contra a empresa condenada coa subrogación nos dereitos e accións dos beneficiarios.

– Absolvo o INSS dos pedimentos dirixidos na súa contra.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles de que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

Para que sirva de notificación en legal forma a Antonio González Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza