Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26422

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 919/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 919/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Cano Acevedo contra a empresa Cervecería Coruñesa, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 919/2017.

Demandante: Lorena Cano Acevedo.

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandado: Cervecería Coruñesa, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 203/2018.

A Coruña, 2 de maio de 2018.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lorena Cano Acevedo contra a empresa Cervecería Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 1.055,97 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento e ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 42,67 euros/día, o que ascende á cantidade de 11.051,53 euros.

4º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecería Coruñesa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza