Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 422/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 422/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Margarita Liste Villasenín contra o Fondo de Garantía Salarial, Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., María del Carmen Deus Fraga, Deus Creaciones, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Shivshi, S.L., Confección Ideal, Bendita Costura, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L. e outros, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento nº 422/2017.

Demandante: María Margarita Liste Villasenín.

Letrado: Sra. Cruz Valle.

Demandado: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L., Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel e María Carmen Deus Fraga –non comparecen–

Letrado:

– Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. –non comparecen–

Sentenza nº 102/18

A Coruña, 26 de abril de 2018.

Decido:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por María Margarita Liste Villasenín contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a readmitir inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, a extinguir a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise até a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. Que a indemnización e os salarios de tramitación que aboarán as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, se a empresa optar por ela, a cantidade de 27.463,36 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de optar pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento até a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 338,14 euros/día.

3º. Desestimar a acción de despedimento formulada pola demandante contra Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga e María del Carmen Deus Fraga polo que se debe absolver de todo pedimento dirixido contra eles.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. deben pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino,

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., María del Carmen Deus Fraga, Deus Creaciones, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Shivshi, S.L., Confección Ideal, Bendita Costura, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza