Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 862/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 862/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Belén Maques Sánchez contra Bania Comunidad de Bienes, Mario Franceschini Cotelo sobre despedimento, se ditou a resolución seguinte:

«Sentenza

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 862/2017

Demandante: Belén Maques Sánchez

Letrada: Sra. Tato Fouz

Demandada: Bania Comunidad de Bienes

Letrado: Mario Franceschini Cotelo

Fogasa

Letrado

Sentenza nº 103/2018

A Coruña, 26 de abril de 2018

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Belén Maques Sánchez contra Mario Franceschini Cotelo e Bania Comunidad de Bienes e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno aos dous demandados a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 431,09 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 26,13 euros/día.

3º. Estimo a acción de reclamación de cantidade formulada pola demandante fronte aos empresarios demandados, e condeno a estes a lle aboar solidariamente á primeira a suma de 3.748,44 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

– O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinada. Javier López Cotelo

Publicada no día da súa data.

Asinada. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación a Bania Comunidad de Bienes, Mario Franceschini Cotelo, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza