Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25966

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO de notificación de sentenza (532/2014).

Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, fai saber que no presente procedemento ordinario 532/2014, seguido por instancia de Carlos Outeiral Míguez e Ana Beatriz Santiso García fronte a Miguel Martínez Castro, Fluvy Servicios, S.L., José Gómez Domínguez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

En Ribeira, 16 de setembro de 2016.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo ordinario nº 532/2014, en que foron parte demandante Carlos Outeiral Míguez e Ana Beatriz Santiso García, representados pola Sra. Pariente Pouso e asistidos pola letrada Sra. Horta Baspino, e partes demandadas Fluvy Servicios, S.L. e José Gómez Domínguez, representado pola procuradora Sra. Martínez Rodríguez e asistido polo letrado Sr. Herrero Álvarez, e Miguel Martínez Castro, representado polo procurador Sr. Merelles Pérez e asistido pola letrada Sra. Rodríguez Sarrión

Resolvo:

Que estimando parcialmente a demanda presentada por Carlos Outeiral Míguez e Ana Beatriz Santiso García contra Fluvy Servicios, S.L., José Gómez Domínguez e Miguel Martínez Castro, debo condenar e condeno a:

– Fluvy Servicios, S.L. e a José Gómez Domínguez ao pagamento a cada un deles da suma de 410,73 €, en relación coas humidades por filtracións en cuberta.

– Fluvy Servicios, S.L., José Gómez Domínguez e Miguel Martínez Castro ao pagamento de maneira solidaria da cantidade de 424,49 € en relación coas humidades no cerramento da fachada.

– Fluvy Servicios, S.L., José Gómez Domínguez e Miguel Martínez Castro ao pagamento de maneira solidaria da cantidade de 5.001,28 € en relación coas humidades no soportal e na terraza exterior da planta baixa.

– Fluvy Servicios, S.L., ao pagamento da suma de 94,85 € pola reparación da greta.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza

E ao estar o dito demandado, Fluvy Servicios, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, cos apercibimentos legais correspondentes.

Ribeira, 2 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza