Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25965

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (86/2017).

Eu, María del Pilar Pazos González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, fago saber que no presente procedemento ordinario nº 86/2017, seguido por instancia de Manuel Abeledo Donsión fronte a Amandio Bessa Leal, se ditou sentenza, con data do 20 de decembro de 2017, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución.

Estimo integramente a demanda presentada por Manuel Abeledo Donsión fronte a Amandio Bessa Leal e, en consecuencia, condeno o demandado a aboar ao demandante a cantidade de 43.633 euros, máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda, así como ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do dito recurso deberase acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín».

E ao estar o dito demandado, Amandio Bessa Leal, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 4 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza