Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25963

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (257/2012).

No presente procedemento xuízo verbal 257/2012, seguido por instancia de Baygar, S.L. fronte a Sonia Durán Araujo, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza: 86/2013.

Asunto: xuízo verbal 257/2012.

Sentenza

Pontevedra, 29 de maio de 2013.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Baygar, S.L.

Procuradora: María del Amor Angulo Gascón.

Avogado: José Luis González Cuenca.

Demandado: Sonia Durán Araújo (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administradora sociedade limitada).

Resolvo:

Que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Baygar, S.L. fronte a Sonia Durán Araújo, condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 3.632,17 euros na forma e co xuro establecido no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

Con expresa imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpor directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza publicouna o xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data, en audiencia pública coa asistencia do secretario, do que dou fe.

E ao estar a dita demandada, Sonia Durán Araujo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 22 de xullo de 2013

O/A secretario/a xudicial