Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25961

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3196/2017 IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3196/2017

Xulgado de orixe/autos: clasificación profesional 175/2016 Xulgado do Social número 5 da Coruña

RCUD 30/2018. Recorrente: Asociación Club Financiero Atlántico

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3196/2017 desta sección, seguido por instancia de Manuela Balboa Carbia contra Fogasa, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Club Financiero Atlántico, Admón. concursal de Remocsa (Juan José Juega Cuesta), sobre clasificación profesional, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 2 de maio de 2018.

Estando dentro de prazo o aval bancario presentado pola recorrente, acórdase a unión á peza separada do RCUD do escrito subscrito polo letrado José Carlos Bouza Fernández, letrado en nome e representación de Club Financiero Atlántico, únase ao recurso correspondente xunto coas súas copias.

Únase á peza o escrito de alegacións presentado pola letrada Cristina Estévez Pazos, en representación de Manuela Balboa Carbia.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días. Deberán achegar copias do dito escrito e designar un domicilio para notificacións na sede da dita sala, e acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Requírase o recorrente co fin de que, na maior brevidade, presente nesta secretaria certificación acreditativa da sentenza sinalada como de contraste para unir á peza separada do RCUD.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 da Coruña que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala. Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a propietaria do Club Financiero Atlántico, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza