Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25959

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve o procedemento de reavaliación da Xefatura de Servizo de Anestesioloxía e Reanimación, iniciado pola Resolución RE-01/2018, do 8 de febreiro de 2018.

Mediante Resolución nº RE-01/2018, do 8 de febreiro de 2018, iniciouse o procedemento para a reavaliación do posto de xefe de Servizo de Anestesioloxía e Reanimación, de conformidade co establecido no artigo 43 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Resolución do 13 de xullo de 2011 (DOG núm. 144, do 28 de xullo), pola que se procede a dar publicidade á Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, en virtude do establecido na Orde do 22 de xullo de 2011 (DOG núm. 146, do 1 de agosto) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada da Coruña e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.

O día 10 de abril de 2018 tivo lugar o acto público de reavaliación en que o candidato, Alberto Pensado Castiñeiras, expuxo ante a Comisión Técnica Especializada o seu informe de actividade do período avaliado, así como o Proxecto de actividade e programa de obxectivos para os vindeiros catro anos.

Tras o acto de reavaliación, a Comisión acordou trasladar á Xerencia de Xestión Integrada unha proposta motivada, desfavorable á prórroga do devandito nomeamento.

O día 13 de abril de 2018, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña notificou ao interesado a apertura dun trámite de audiencia, por un prazo de dez días, para a formulación das alegacións e achega da documentación que considerase oportuno.

Con data do 25 de abril de 2018, Alberto Pensado Castiñeiras presentou escrito de alegacións ante a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Con data do 11 de maio de 2018, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña notifica a Alberto Pensado Castiñeiras resolución mediante a que se desestiman as alegacións presentadas e se lle comunica a remoción do posto de traballo con efectos do día seguinte ao da publicación do resultado da avaliación no Diario Oficial de Galicia.

Polo que antecede, esta Xerencia de Xestión Integrada

RESOLVE:

A remoción do posto de xefe de Servizo de Anestesioloxía e Reanimación de Alberto Pensado Castiñeiras, con efectos do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

A Coruña, 11 de maio de 2018

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña