Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25305

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 4658/2017).

Secretaría: Sra. Freire Corzo (-FF-)

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4658/2017

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 50/2015 Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrentes: Óscar Brandariz Recouso

Avogada: María José Domínguez Rivas

Recorridos: Fogasa, Electrónica Radar, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4658/2017 desta sección, seguido por instancia de Óscar Brandariz Recouso contra Fogasa e Electrónica Radar, S.L., sobre Fondo de Garantía Salarial, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que estimando o recurso de suplicación interposto por Óscar Brandariz Recouso contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, do 12 de xullo de 2017, en autos 50/2015, revogámola e, estimando a demanda reitora, condenamos o Fondo de Garantía Salarial a aboar ao demandante a cantidade de 8.333,17 € polo concepto de prestación substitutoria de indemnización por despedimento.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Electrónica Rasar, S.L. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza