Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25303

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4644/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4644/2017

Xulgado de orixen/autos: seguridade social 20/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Ramón Pérez Alonso

Avogado: Javier de Cominges Cáceres

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pesca Chile, S.A., Antartic Sea Fisheries, S.A., Nueva Pescanova, S.L., Freiremar, S.A., Naviera Lanzaroteña, S.A., Pescanova, S.A., Novapesca Trading, S.L. e Isla Graciosa Limitada Sudáfrica

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, (…), Ricardo Estrada Ibars, Mohamed El Hajoui El Hajoui, (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4644/2017 desta sección, seguido por instancia de Ramón Pérez Alonso contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pesca Chile, S.A., Antartic Sea Fisheries, S.A., Nueva Pescanova, S.L., Freiremar, S.A., Naviera Lanzaroteña, S.A., Pescanova, S.A., Novapesca Trading, S.L. e Isla Graciosa Limitada Sudáfrica, sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por Ramón Pérez Alonso contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo con data do 13 de xuño de 2017, debemos revogar e revogamos a dita resolución e con estimación parcial da demanda debemos declarar e declaramos o seu dereito á pensión de xubilación na porcentaxe do 94,30 % da base reguladora de 1.912,62 euros, e condenamos as entidades xestoras demandadas Instituto Social da Mariña e Tesouraría Xeral da Seguridade Social a que anticipen a dita pensión e solidariamente as empresas demandadas Pescanova, S.A., Novapesca Trading, S.L., Pesca Chile, S.A., Antartic Sea Fisheries, S.A. a que constitúan o capital custo ante a dita xestora pola diferenza entre a base reguladora recoñecida de 1.649,88 euros e a que estimamos de 1.912,62 euros coas revalorizacións e melloras que regulamentariamente correspondan. E coa absolución de Naviera Lanzatoreña, S.A.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámalo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Indunor, S.A. e Sangiago González Garay, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza