Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 401/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 401/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Díaz Lemonche contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza co número 198/2018, con data do 18 de abril de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 401/2016, seguidos por instancia de Javier Díaz Lemonche, representado e asistido pola letrada Sra. Martínez Dezagoire, contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non compareceu ao xuízo oral; foi citado o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes».

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Javier Díaz Lemonche contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 9.045,52 euros polos conceptos sinalados no feito probado terceiro desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución, así como ao pagamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza