Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 69/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 69/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Gómez Gesto contra Compañía de Protección Galaica, S.A. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza número 195/2018.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 69/2017, en que é parte demandante Iván Gómez Gesto, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, e son partes codemandadas a mercantil Compañía de Protección Galaica, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada por edictos en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei, dito a presente sentenza con base nos seguintes  

Resolvo.

Que debo estimar substancialmente e estimo substancialmente a demanda presentada por Iván Gómez Gesto, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, fronte á mercantil Compañía de Protección Galaica, S.A., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil agora demandada a aboar ao traballador Iván Gómez Gesto a cantidade de 3.699,08 euros (en concepto de pagas extraordinarias de xullo e decembro do ano 2015, así como nóminas de agosto, setembro e outubro, todas elas do ano 2015) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado por mora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que lle poida corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se deberá presentar no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza ante este xulgado para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, cos requisitos e exixencias do artigo 191, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncia, manda e asina.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza