Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24549

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

AUTO de aclaración de sentenza (4031/2017 MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 4031/2017 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 1215/2014 Xulgado do Social número 4 da Coruña

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4031/2017 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Manuel Rodríguez Alvaredo, Julio Antonio Díaz García, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«A Sala acorda

Procede a aclaración solicitada polo letrado Íñigo Fernández Saavedra, en nome e representación de Manuel Rodríguez Alvaredo, e así, a resolución da sentenza ditada por esta Sala o 30 de xaneiro de 2018 quedará do teor literal seguinte:

“Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza do 5.6.2017, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, no procedemento de incapacidade promovido pola mutua recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Rodríguez Alvaredo e empresa Julio Antonio Díaz García, e debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Condenamos a mutua recorrente a aboar os honorarios do letrado impugnante da suplicación por importe de 550 €.

Déase aos depósitos constituídos o destino legal correspondente”.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso distinto ao que, de ser o caso, caiba fronte á resolución aclarada.

Así, por este auto, acórdano, mándano e asínano os maxistrados citados á marxe. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Díaz García, Julio Antonio, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza