Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23641

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (PO 45/2017).

Procedemento ordinario 45/2017

Sobre resolución de contrato

Demandantes: Mercedes Túnez Castiñeiras, Serafín Francisco José Rodríguez Rodríguez

Procuradora: Rosa Goris Mayán

Avogado: Francisco Serafín Blanco Mariño

Demandado: Bitango Norte, S.L.

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón, fago saber que nos presentes autos se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor seguinte:

Sentenza.

Padrón, 12 de decembro de 2017.

Vistos por Paula Ventosa Bermúdez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos neste xulgado baixo o número 45/2017, iniciado por Rosa Goris Mayán, procuradora dos tribunais, e de Mercedes Túñez Castiñeiras e Serafín Francisco José Rodríguez Rodríguez, asistido polo letrado Francisco Blanco Mariño, fronte á entidade Bitango Norte, S.L., quen foi declarado en rebeldía.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demandada interposta por Rosa Goris Mayán, en nome e representación de Mercedes Túñez Castiñeiras e Serafín Francisco José Rodríguez Rodríguez, contra Bitango Norte, S.L. e debo declarar e declaro a resolución do contrato de permuta celebrado o 3 de marzo de 2015 entre os demandados e Bitango Norte, S.L.

Que debo condenar e condeno a Bitango Norte, S.L. a aboar aos demandantes a cantidade de corenta e sete mil oitocentos setenta euros con noventa céntimos de euro (47.870,90 euros), máis o xuro legal do diñeiro desde a celebración do contrato de permuta ata a data da sentenza e os xuros do artigo 576 da LAC desde a sentenza ata o completo pagamento.

Líbrese mandamento ao Rexistro da Propiedade para a cancelación da inscrición relativa ao dominio transmitido en virtude do devandito contrato a favor de Bitango Norte, S.L. e para a inscrición desta a favor dos demandantes se non existisen outras inscricións contraditorias con tal dereito.

Sen expresa condena en custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Ventosa Bermúdez, xuíza de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón.

Igualmente, ditouse auto que rectifica a devandita sentenza cuxa parte dispositiva é a que segue:

Parte dispositiva.

Acordo a rectificación da Sentenza do 12 de decembro 2017, de tal forma que a redacción do da parte dispositiva será a seguinte:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demandada interposta por Rosa Goris Mayán, en nome e representación de Mercedes Túñez Castiñeiras e Serafín Francisco José Rodríguez Rodríguez, contra Bitango Norte, S.L. e debo declarar e declaro a resolución do contrato de permuta celebrado o 3 de marzo de 2005 entre os demandantes e Bitango Norte, S.L.

Que debo condenar e condeno a Bitango Norte, S.L. a aboar aos demandantes a cantidade de corenta e sete mil oitocentos setenta euros con noventa céntimos de euro (47.870,90 euros), máis o xuro legal do diñeiro desde a celebración do contrato de permuta ata a data da sentenza e os xuros do artigo 576 da LAC desde a sentenza ata o completo pagamento.

Líbrese mandamento ao Rexistro da Propiedade para a cancelación da inscrición relativa ao dominio transmitido en virtude do devandito contrato a favor de Bitango Norte, S.L. e para a inscrición desta a favor dos demandantes se non existen outras inscricións contraditorias con tal dereito.

Sen expresa condena en costas.

Advírtase ás partes que esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina Paula Ventosa Bermúdez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón.

Que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este notifícase a Bitango Norte, S.L. co fin de que no prazo de 20 días poida apelar a sentenza, baixo apercibimento de declaración de firmeza desta.

Padrón, 12 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza