Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23644

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribadavia

EDICTO (DIH 216/2016).

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Patricia Vázquez Álvarez.

Ribadavia, 9 de marzo de 2018

Antecedentes de feito:

Primeiro. Nas presentes actuacións para a división da herdanza dos finados Emilio Gabián Rodríguez e María Trinidad Martínez Pérez, na comparecencia do 5 de marzo de 2018 os demandantes presentaron unha proposta de adxudicación dos bens.

Terceiro. Elvira Gabián Martínez e Adrián Gabián Mouriño ratifícanse na proposta de adxudicación presentada. Non comparecen en ningún momento os demandados a pesar de encontrárense debidamente citados e non existe oposición ningunha á proposta de adxudicación presentada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Establece o artigo 787. 3 e 4 da LAC que, cando en tempo hábil se formalizase a oposición ás operacións divisorias, o letrado da Administración de xustiza convocará o contador e as partes a unha comparecencia ante o tribunal, que se celebrará dentro dos dez días seguintes. Se na comparecencia se alcanzar a conformidade de todos os interesados respecto ás cuestións promovidas, executarase o acordado e o contador fará nas operacións divisorias as reformas convidas, que serán aprobadas conforme o disposto no número 2 deste artigo; que é o sucedido no presente caso.

Pola súa vez, o número 2 do artigo 787 da LAC dispón que, pasado o prazo sinalado aos interesados para poder opoñerse ás operacións divisorias sen presentar a oposición ou manifestando expresamente a súa conformidade a estas, o letrado da Administración de xustiza ditará decreto que aprobe as operacións divisorias, e mandará protocolizalas.

Segundo. As operacións divisorias realizadas son as seguintes:

• Proposta de repartición da herdanza de Emilio Gabián Rodríguez.

Inventario.

Bens privativos de Emilio Gabián Rodríguez:

– Activo:

1. Predio rústico Calvario, a prado, no lugar do seu nome, no municipio de Avión (Ourense), cunha superficie de 373 m2. Linda, norte, camiño; sur, Arturo Baños Doval; leste, Gerardo González Sánchez, e oeste, Asunción Barreiro Regueiro. Ref. catastral 320005A022000140000FJ.

Valórase en 1.000,00 euros.

2. Terreo rústico Calvario, a matogueira, no lugar do seu nome, no municipio de Avión (Ourense), cunha superficie de 334 m2. Linda, norte, leste e oeste, camiños; sur, Carmen Lorenzo Estévez. Ref. catastral 320005ª021000830000FB.

Valórase en 1.000,00 euros.

3. Cantidade pendente de cobramento: 16.500,00 euros que debe recibir en metálico da herdanza de Mª Trinidad Martínez Pérez para compensar o seu lote ganancial en virtude de adxudicación aprobada no procedemento de liquidación de sociedades gananciais número 216/2016 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ribadavia, 16.500,00 euros.

– Pasivo:

Non se ten constancia de pasivo.

Valórase esta herdanza na cantidade total de 18.500,00 euros.

Formación de lotes.

– Lote número 1, que se adxudicaría a Elvira Gabián Martínez.

Terreo rústico Calvario, a matogueira, no lugar do seu nome, no municipio de Avión (Ourense), cunha superficie de 334 m2. Linda, norte, leste e oeste, camiños; sur, Carmen Lorenzo Estévez. Ref. catastral 320005ª021000830000FB (partida número 2 do activo).

Valórase en 1.000,00 euros.

Da cantidade que se acha pendente de cobramento da herdanza de Mª Trinidad Martínez Pérez asígnaselle a esta herdeira un montante de 12.361,12 euros.

Total lote número 1=13.361,12 euros.

– Lote número 2, que se adxudicaría a Adrián Gabián Mouriño.

Predio rústico Calvario, a prado, no lugar do seu nome, no municipio de Avión (Ourense), cunha superficie de 373 m2. Linda, norte, camiño; sur, Arturo Baños Doval; leste, Gerardo González Sánchez, e oeste, Asunción Barreiro Regueiro. Ref. catastral 320005A022000140000FJ (partida número 1 de activo).

Valórase en 1.000,00 euros.

Da cantidade que se acha pendente de cobramento da herdanza de Mª Trinidad Martínez Pérez (partida número 3 de activo) asígnaselle a este herdeiro un montante de 1.055,55 euros.

Total lote número 2=2.055,55 euros.

– Lote número 3, que se adxudicaría a Lino Gabián Martínez.

Da cantidade que se acha pendente de cobramento da herdanza de Mª Trinidad Martínez Pérez (partida número 3 de activo) asígnaselle a este herdeiro un montante de 2.055,55 euros.

Total lote número 3=2.055,55 euros.

– Lote número 4, que se adxudicaría a Manuel Gabián Mojón.

Da cantidade que se acha pendente de cobramento da herdanza de Mª Trinidad Martínez Pérez (partida número 3 de activo) asígnaselle a este herdeiro un montante de 513,89 euros.

Total lote número 4=513,89 euros.

– Lote número 5 que se adxudicaría a José Manuel Gabián Mojón.

Da cantidade que se acha pendente de cobramento da herdanza de Mª Trinidad Martínez Pérez (partida número 3 de activo) asígnaselle a este herdeiro un montante de 513,89 euros.

Total lote número 5=513,89 euros.

Suman as adxudicacións un total de 18.500,00 euros, coincidente co montante total da herdanza de Emilio Gabián Rodríguez.

• Proposta de repartición da herdanza de Trindad Martínez Pérez.

Inventario.

Bens privativos de Mª Trinidad Martínez Pérez:

Activo:

1. Predio urbano, casa sinalada co número 29 do lugar de Calvario, barrio de San Xusto, municipio de Avión (Ourense), composta de planta de soto, a adega e outros usos, cunha superficie construída de cento once metros cadrados, e planta baixa, a vivenda, cunha superficie construída de cento once metros cadrados, cun alpendre acaroado, cunha superficie construída de nove metros cadrados, e cun pequeno beirado, que todo forma un só predio cunha extensión superficial total de 129 m2. Linda, norte, sur e oeste, parcela 870 do polígono 21, e leste, camiño. Ref. catastral 000202400NG69A0001SX.

Valórase en 35.000,00 euros.

Pasivo:

1. Débeda pendente de pagamento: 16.500,00 euros, que se deben á herdanza de Emilio Gabián Rodríguez para compensar o lote ganancial deste en virtude de adxudicación aprobada no procedemento de liquidación de sociedades gananciais número 216/2016 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ribadavia, 16.500,00 euros.

Valórase esta herdanza na cantidade total de 18.500,00 euros.

Formación de lotes.

– Lote número 1, que se adxudicaría a Elvira Gabián Martínez.

Predio urbano, casa sinalada co número 29 do lugar de Calvario, barrio de San Xusto, municipio de Avión (Ourense), composta de planta de soto, a adega e outros usos, cunha superficie construída de cento once metros cadrados, e planta baixa, a vivenda, cunha superficie construída de cento once metros cadrados, cun alpendre acaroado, cunha superficie construída de nove metros cadrados, e cun pequeno beirado, que todo forma un só predio cunha extensión superficial total de 129 m2. Linda, norte, sur e oeste, parcela 870 do polígono 21, e leste, camiño. Ref. catastral 000202400NG69A0001SX (partida número 1 de activo).

Valórase en 35.000,00 euros.

Débeda pendente de pagamento: 16.500,00 euros, que se deben á herdanza de Emilio Gabián Rodríguez para compensar o lote ganancial deste en virtude de adxudicación aprobada no procedemento de liquidación de sociedades gananciais número 216/2016 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ribadavia. Partida número 1 de pasivo, 16.500,00 euros.

Compensacións en metálico aos demais herdeiros. Sumarían as anteriores adxudicacións unha cantidade total de 18.500,00 euros, non obstante, correspondéndolle a Elvira Gabián nesta herdanza un haber de tan só 17.215,28 euros, resulta que levaría un exceso de 1.284,72 euros, polo que deberá indemnizar o resto de herdeiros para pagamento da lexítima de cada un, facéndoo na seguinte forma: a Adrián Gabián Mouriño, a cantidade de 513,89 euros; a Lino Gabián Martínez, a cantidade de 513,89 euros; a Manuel Gabián Mojón, a cantidade de 128,47 euros, e a José Manuel Gabián Mojón, a cantidade de 128,47 euros. Total compensacións: 1.284,72 euros.

Total lote número 1=17.215,28 euros.

– Lote número 2, que se adxudicaría a Adrián Gabián Mouriño.

Compensación en metálico para cubrir a súa cota lexítima, que lle será pagada por Elvira Gabián Martínez na cantidade de 513,89 euros.

Total lote número 2=513,89 euros.

– Lote número 3, que se adxudicaría a Lino Gabián Martínez.

Compensación en metálico para cubrir a súa cota lexítima, que lle será pagada por Elvira Gabián Martínez na cantidade de 513,89 euros.

Total lote número 3=513,89 euros.

– Lote número 4, que se adxudicaría a Manuel Gabián Mojón.

Compensación en metálico para cubrir a súa cota lexítima, que lle será pagada por Elvira Gabián Martínez na cantidade de 128,47 euros.

Total lote número 4=128,47 euros.

– Lote número 5, que se adxudicaría a José Manuel Gabián Mojón.

Compensación en metálico para cubrir a súa cota lexítima, que lle será pagada por Elvira Gabián Martínez na cantidade de 128,47 euros.

Total lote número 5=128,47 euros.

Suman as adxudicacións un total de 18.500,00 euros coincidente co montante total da herdanza de Trindad Martínez Pérez.

Parte dispositiva:

Acordo:

Primeiro. Aprobar as operacións divisorias da herdanza dos finados Emilio Gabián Rodríguez e María Trinidad Martínez Pérez, as cales se protocolizarán na notaría, que por quenda corresponda.

Segundo. Oficiar ao decano do Colexio Notarial de Ourense para que participe o notario a quen por quenda corresponda a protocolización e coñecido, que se lle remitan as operacións divisorias e testemuño do presente auto.

Terceiro. Deixar certificación da presente resolución nos autos e levar o orixinal ao mazo correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que deberá citarse a infracción en que a resolución incorrese.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (artigo 454.bis da LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co número
3240 0000 42 0216 16, da entidade Santander, salvo que o recorrente sexa beneficiario de Xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza