Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23638

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (PO 230/2016).

Eu, María del Pilar Pazos González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente edicto anuncio que no procedemento ordinario 230/2016 seguido por instancia de Guerra Lalín, S.L. fronte a Marina Vázquez Varela, Liliana Mercedes Silva Torres, Francisco Luis Russo Ali, Daniel García Rey, Sara Presas Rodríguez, Manuel Montoto Vázquez, María Concepción Vidal Meijomín, José Luis López Fernández, María Monserrat Cambeiro García, Germán Jofre Blanco, Germán Romero Trabazo, Vanesa Quintela Rebolo, Cristina López Nodar, herdanza xacente de José Luis Blanco Rodríguez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Lalín, 5 de marzo de 2018

Xuíz: Gonzalo Sans Besada

Demandante: Guerra Lalín, S.L.

Procurador: Manuel Ceán Garrido

Letrada: María Teresa Martínez Vidal

Demandados: Daniel García Rey, Sara Presas Rodríguez, Manuel Montoto Vázquez, María Concepción Vidal Meijomín, José Luis López Fernández, María Monserrat Cambeiro García, Germán Jofre Blanco, Marina Vázquez Varela, Germán Romero Trabazo, Vanesa Quintela Rebolo, Francisco Luis Ruso Ali e Liliana Mercedes Silva Torres

Procuradora: Yolanda González Alonso

Letrado: Javier Roldán del Llano

Demandados: herdanza xacente de José Luis Blanco Rodríguez e María Cristina López Nodar (en situación de rebeldía procesual)

Obxecto: división de cousa común.

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Guerra Lalín, S.L. e, en consecuencia:

1. Condeno a:

– Daniel García Rey e Sara Presas Rodríguez a aboar solidariamente á entidade demandante a suma de 1.165,74 euros.

– Manuel Montoto Vázquez e María Concepción Vidal Meijomín a aboar solidariamente á entidade demandante a suma de 1.175,79 euros.

– A herdanza xacente de José Luis Blanco Rodríguez e María Cristina López Nodar a aboar solidariamente á entidade demandante a suma de 1.183,78 euros.

– José Luis López Fernández e María Monserrat Cambeiro García a aboar solidariamente á entidade demandante a suma de 1.193,86 euros.

– Germán Romero Trabazo e Vanesa Quintela Rebolo a aboar solidariamente á entidade demandante a suma de 1.217,55 euros.

– Francisco Luis Ruso Ali e Liliana Mercedes Silva Torres a aboar solidariamente á entidade demandante a suma de 1.228,80 euros.

2. Absolvo Germán Jofre Blanco e Marina Vázquez Varela das pretensións deducidas fronte a eles na demanda.

3. Declaro de oficio as costas procesuais.

Notifíquese ás partes. Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte á notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso deberá acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín».

E encontrándose o demandado, herdanza xacente de José Luis Blanco Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 9 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza