Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23637

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (417/2016).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«En Ourense o 22 de maio de 2017

Vistos por min, Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil de Ourense, os presentes autos do xuízo verbal rexistrados co número de 417/2016, seguidos ante este xulgado entre partes, instados pola Comunidade de Propietarios Avenida de Celanova, nº 80, p-2, de Ourense, representada pola procuradora dos tribunais María Gloria Sánchez Izquierdo e asistida por letrado, contra María del Carmen Yáñez Souto e Gabriel Borrajo López, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Avenida de Celanova, nº 80, p-2, de Ourense, debo condenar e condeno a María del Carmen Yáñez Souto e Gabriel Borrajo López ao pagamento solidario á demandante de 1.079,47 euros por gastos comunitarios sinalados, máis os xuros legais desde a presentación da demanda e os de demora procesual do 576 da Lei de axuizamento civil desde o momento da sentenza.

Con expresa condena en custas aos codemandados.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Gabriel Borrajo López e María del Carmen Yáñez Souto, para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza