Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23635

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 5357/2017 BC).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 5357/2017 BC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 512/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogados: letrado da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez

Recorridos: Lemos Romero, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Explotaciones Fillaboa, S.L., Higinio Besada Fernández, Equitación y Piensos Hípica Marcos, S.L., Mutua Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales

Avogados: Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Ignacio Albo Rodríguez, Beatriz Lago Gómez, Balbino Irisarri Castro

Procuradora: María Fara Aguiar Boudin

Eu, M. Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5357/2017 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Lemos Romero, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Explotaciones Fillaboa, S.L., Higinio Besada Fernández, Equitación y Piensos Hípica Marcos, S.L., Mutua Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que con desestimación dos recursos interpostos polo Instituto Nacional da Seguridade Social e pola Mutua Galega, confirmamos a sentenza que con data 12 de setembro de 2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo por instancia da Mutua Asepeyo e pola que se acolleu en parte a demanda formulada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Explotaciones Fillaboa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza