Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación (316/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 316/2017 por instancia de Rosario Huertas Garabana contra as empresas Servicios Integrales Breamo, S.L.U., A.F. Aspon, S.L. e Asesoría Pontedeume, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre resolución de contrato e despedimento, en que se ditou sentenza con data do 5.2.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímanse parcialmente as demandas interpostas por Rosario Huertas Garabana contra as empresas Servicios Integrales Breamo, S.L.U., A.F. Aspon, S.L. e Asesoría Pontedeume S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora comunicado o 28 de xullo de 2017.

– Absólvense as empresas A.F. Aspon, S.L. e Asesoría Pontedeume, S.L das pretensións exercidas contra elas.

– Condénase a empresa Servicios Integrales Breamo, S.L.U. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 21.327,71 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 28,87 euros diarios.

– Condénase a empresa Servicios Integrales Breamo, S.L.U. a lle aboar á traballadora a cantidade de 3.719,32 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Asesoría Pontedeume, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza