Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación (948/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 948/2015 por instancia de Eugenio Mendoza Rotundo contra a empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 6 de febreiro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Eugenio Mendoza Rotundo contra a entidade Albealia Restauración Coruña 1, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L. a aboar a Eugenio Mendoza Rotundo a cantidade de tres mil dez euros con noventa e oito céntimos (3.010,98 euros). Os conceptos salariais devindicarán un xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza