Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22088

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4823/2017 CG).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 4823/2017, seguido por instancia de Activa Mutua 2008, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da SS nº 3 contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Noa López Piñeiro, Choupana, S.C., sobre accidente de grao, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

A sala acorda: que debe aclarar e aclara a resolución da sentenza desta Sala do Social do 16.3.2018, no sentido de lle engadir a condena de Activa Mutua 2008 a aboar ao letrado da parte demandante, impugnante do recurso, a cantidade de 601 € en concepto de honorarios.

Notifíquese ás partes coa advertencia de que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Malia o dito no parágrafo anterior, na medida en que se debe entender que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpor o recurso que caiba contra a dita resolución restablécese a partir do momento en que este auto se lles notifique ás partes. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentou, preparou ou anunciou o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación considérase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

E para que sirva de notificación en legal forma a Choupana, S.C., con último domicilio coñecido en Parque San Lázaro, 17, Ourense, e actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza