Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20844

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4404/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4404/2017 CRS

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 200/2017 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrentes: Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61

Avogado: Guillermo Amigo Estrada

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Victorino Vega García, Pizarras de Villarbacu, S.L.

Avogada: letrada da Seguridade Social, Celia Pereira Porto

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4404/2017 desta sección, seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61 sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto pola demandante-demandada Mutua Fremap, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 1 de Ourense. En consecuencia, estimamos na demanda acumulada formulada pola referida Mutua Fremap contra os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e condenamos os devanditos demandados, a que aboen ao traballador Victorino Vega García, a prestación de incapacidade permanente total que ten recoñecida na proporción do 74,28 %, e á Mutua Fremap no 25,72 % restante. E mantemos os restantes pronunciamentos que a parte dispositiva impugnada contén, en concreto, a base reguladora da pensión, a responsabilidade subsidiaria do INSS e a Tesouraría e a absolución da empresa Pizarras de Villarbacu, S.L.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras de Villarbacu, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Marcelino Suárez, 43, 3º, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza