Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20846

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (PO 342/2012).

Procedemento ordinario 342/2012

Procedemento de orixe: /

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: María Concepción Candal Fernández

Procurador: Santiago López Sánchez

Avogada: Elvira Fuentes Macía

Demandado: Francisco Javier Ponte Seoane

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 342/2012, seguido por instancia de María Concepción Candal Fernández, contra Francisco Javier Ponte Seoane, e o 6 de febreiro de 2014 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Betanzos o 6 de febreiro de 2014.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos e os do seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal con número 342/2012 seguidos por instancia de María Concepción Candal Fernández representada polo procurador Sr. López Sánchez e baixo a dirección letrada da Sra. Fuentes Macía, contra Francisco Javier Seoane Ponte en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de María Concepción Candal Fernández fronte a Francisco Javier Ponte Seoane e, en consecuencia, debo condenar e condeno este último a aboarlle á demandante a cantidade de 20.610 euros máis o xuro legal que aquela cantidade devindique desde a data de interposición da demanda ata o seu efectivo pagamento, e todo isto con imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles a presente ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá perante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña; para isto será necesario que se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Co fin de que sirva de notificación en forma a Francisco Javier Ponte Seoane, que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino este edicto.

Betanzos, 14 de marzo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza