Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20842

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 265/2018-CON).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 265/2018-CON

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 504/2017 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Ricardo de Jesús Jiménez Inoa

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Recorridos: Fogasa, Juan Liste Brañas

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 265/2018-CON desta sección, seguido por instancia de Ricardo de Jesús Jiménez Inoa contra o Fogasa e Juan Liste Brañas, sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto por Ricardo de Jesús Jiménez Inoa contra a sentenza do 3 de novembro de 2017 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en autos 504/2017, revogámola parcialmente e condenamos Juan Liste Brañas a aboar ao demandante os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (31.5.2017) ata o 3.XI.2017, data da sentenza que extinguiu a relación laboral entre as partes, sen prexuízo do posible desconto dos salarios que en tal período tivese podido percibir en novo emprego, mantendo o resto da condena.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de os catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza