Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16170

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3948/2014)

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3948/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1124/2010 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustizia de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3948/2014 desta sección, seguido por instancia de Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. contra Fogasa, Servicur Servicios Auxiliares, S.L., Serv. Aux. Mantenim. y Limp, S.L. (Samyl Linorsa, S.L.), Mihail Bondari, Concello da Coruña, Procedimientos de Aseo Urbano Pau, S.A., sobre reclamación de cantidade, o Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución no recurso de casación para unificación de doutrina número 335/2016, interposto contra a sentenza ditada por esta sala:

«Estimar o recurso de casación para unificación de doutrina interposto pola representante legal de OHL Servicios Ingesan, S.A. (antes Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U.) contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de suplicación número 3948/2014, interposto contra a sentenza do 19 de febreiro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos número 1124/2010.

Casar e anular a sentenza ditada o 21 de outubro de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de suplicación 3948/2014 e, consecuentemente, resolver o debate suscitado en suplicación no sentido de estimar o recurso desa clase interposto por OHL Servicios Ingesan, S.A. (antes Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U.) e, daquela, revogar a sentenza de instancia e absolver a recorrente da demanda.

Non procede a imposición de custas en ningunha das instancias.

Devólvanselle á recorrente os depósitos e consignacións constituídos para recorrer en suplicación e casación.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicur Servicios Auxiliares, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza