Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16172

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3196/2017 IP).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3196/2017 desta sección, seguido por instancia de Manuela Balboa Carbia contra Fogasa, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Club Financiero Atlántico, Admón. concursal de Remocsa (Juan José Juega Cuesta), sobre clasificación profesional, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación de la letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 23 de febreiro de 2018.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado Carlos Bouza Fernández, en nome e representación da Asociación Club Financiero Atlántico, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o coida preciso e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Considérase efectuado o depósito de 600 € necesario para recorrer.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da sentenza que invoca, con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso cando compareza ante o Tribunal Supremo.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza