Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16174

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4473/2017-M).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4473/2017-M

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 155/2017. Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Telmo González Dasilva

Graduada social: Ana Belén Durán Fernández

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferro Aluminio Galicia, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4473/2017 desta sección, seguido por instancia de Telmo González Dasilva contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferro Aluminio Galicia, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación articulado por Telmo González Dasilva contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Vigo, do 8 de xuño de 2017, en autos número 775/2016, sobre incapacidade permanente parcial derivada de accidente de traballo, instados polo aquí recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega e a empresa Ferro Aluminio Galicia, S.L., confirmamos a devandita resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferro Aluminio Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza