Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (484/2017).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que neste xulgado do social se ditou resolución con data do 23 de febreiro de 2018, dirixida a Confecciones Ideal, S.L. e outras, contra a cal non se pode interpor ningún recurso. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Confecciones Ideal, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza