A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.
Unha vez solicitada por José Juan Lamas Seco, con DNI 32614559F, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Tecnoloxía Electrónica, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade, e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Tecnoloxía Electrónica, con efectos económicos e administrativos do 2 de marzo de 2018.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 2 de marzo de 2018
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña