Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15085

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (76/2012).

No procedemento de referencia ditouse resolución, cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Decreto nº 118/2014.

Secretaria xudicial: Mercedes Rodríguez Fraga.

Corcubión, 17 de xuño de 2014.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A comunidade de propietarios do edificio Costa Real de Sardiñeiro (Fisterra) presentou solicitude inicial de procedemento monitorio dirixida contra Carlos Sánchez San Nicolás en reclamación de 1.893,70 euros.

Segundo. Admitida a trámite a solicitude, acordouse requirir de pagamento o debedor da cantidade de 1.893,70 euros, para que, no prazo de vinte días, pagase ao acredor a cantidade reclamada ou, noutro caso, presentase escrito de oposición alegando sucintamente as razóns para non o facer.

Transcorreu o prazo concedido, sen que a parte debedora pagase ou presentase escrito de oposición.

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Arquivar o presente procedemento monitorio instado contra Carlos Sánchez San Nicolás, pola comunidade de propietarios do edificio Costa Real de Sardiñeiro (Fisterra).

2. Dar traslado á parte demandante co fin de que presente demanda de execución, no caso de que desexe despachala.

3. Notificar a presente resolución ás partes e advertir de que, se cambian de domicilio, deberán comunicalo ao tribunal.

Para a notificación da parte demandada publíquense edictos no taboleiro de anuncios deste xulgado e, de conformidade co establecido no artigo 497.2 da LAC, no Diario Oficial de Galicia. Farase entrega deste último á parte demandante para que se encargue do seu dilixenciamento, e quedará facultada para o efecto.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que deberá citarse a infracción en que a resolución incorreu.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se resolvese (artigo 454.bis da LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co número relativo ao preito, na entidade Banco Santander, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe». (Asinado)

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Carlos Sánchez San Nicolás, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 17 de xuño de 2014

A secretaria xudicial