Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón/Xixón

EDICTO (ETX 74/2017).

Eu, Gonzalo Pérez Vázquez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Xixón, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 74/2017 deste xulgado do social, se ditou a resolución cuxos datos se fan constar a continuación, da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial, e contra a cal cabe interpor o recurso que se indica:

• Resolución: Decreto do 20.2.2018.

• Prazo para a interposición do recurso de revisión: tres días.

• Empresa a que se notifica: Trabajos y Servicios Lema Maroñas, S.L.U.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Xixón, 20 de febreiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza