Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12483

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3966/2017-CRS).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3966/2017 CRS

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 790/2014 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: María Luz Varela Porto

Avogado: José Nogueira Esmorís

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Arturo Sánchez Agra, Mutua Intercomarcal, Mutua Accid. Traballo e Enferm. Profes. da Seguridade Social nº 39, Limpiezas Faro, S.L.

Avogados: María de los Ángeles Gómez Lage, María del Pilar Sobrino Lacruz, Alberto José Rodríguez Amoroso

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3966/2017-CRS desta sala, seguidos por instancia de María Luz Varela Porto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Mutua Intercomarcal, Mutua Accidentes Traballo e Enfermidades Profesionais da S.S. nº 39, Arturo Sánchez Agra e Limpiezas Faro, S.L., sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María Luz Varela Porto contra a sentenza do 20 de abril do ano 2017, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en proceso promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal e outras, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Arturo Sánchez Agra, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza