Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12485

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4061/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 4061/2017-CON

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 805/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: José Manuel Pazos Sestelo

Avogado: Secundino Fernández Guisande

Procuradora: Belén Casal Barbeito

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Mecanizados del Aluminio, S.L.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado da Comunidade, María Araceli Martínez Araújo

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4061/2017-CON desta sala, seguido por instancia de José Manuel Pazos Sestelo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Mecanizados del Aluminio, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Estimamos o recurso de suplicación interposto por José Manuel Pazos Sestelo fronte á sentenza do 28 de xuño de 2017 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, ditada nos autos número 805/2016 seguidos fronte ao INSS, TGSS, Mutua Fremap, Sergas e Mecanizaciones del Aluminio, S.L., e acordamos a nulidade das actuacións incluído o acto de xuízo, retrotraendo estas ao momento da súa sinalización, para que se volva celebrar este con incorporación a autos dos documentos achegados coa demanda, decidindo a xulgadora de instancia con liberdade de criterio.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mecanizados del Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza